27/2/09

MOTOR DE CATRO TEMPOS


DEFINICIÓN:

Un motor de 4 tempos é unha máquina que mestura osíxeno con combustible. Unha vez mesturados, os gases son acendidos para queimarse(combustión). O motor utiliza o calor xerado pola combustión como enerxía para producir o movemento xiratorio.

COMO FUNCIONA?

PRIMEIRO TEMPO:
Carreira de admisión.Ábrese a válvula de admisión, o pistón baixa e o cilindro énchese de aire mesturado con combustible.

SEGUNDO TEMPO:
Carreira de compresión.Cérrase a válvula de admisión, o pistón sobe e comprime a mestura aire/gasolina.

TERCEIRO TEMPO:
Carreira de expansión.Encéndese a mestura comprimida e o calor xeradopola combustión expande os gases que exercen presión sobre o pistón.

CUARTO TEMPO:
Carreira de escape.Ábrese a válvula de escape, o pistón desplázase ata o punto morto superior, expulsando os gases queimados.

Rubén Goce Rodríguez


NESTE VIDEO MIRAMOS O SEU FUNCIONAMENTO:

No hay comentarios:

Publicar un comentario